luns, 5 de decembro de 2016

AS TICS NA EDUCACIÓN
As TICS na educación son uha evolución tanto para o alumno, como para a tecnoloxía, xa que con esta novidade as persoas de cada colexio son capaces de aprender e de realizar actividades dunha forma moito máis amena, e isto débese de ensinar dende pequenos, pois  o noso cerebro capta moito mellor as cousas dende  un principio, que á larga. Ademáis, as TICS e o seu aprendizaxe sonnos moi útiles para o noso futuro, posto que á hora de traballar sempre teremos que ter unha formación deste tipo, cada vez son máis as persoas que saben de informática.
Esta noticia fala de que hai un premio que será entregado e que é único no seu xénero neste ámbito, recoñecerá a persoas e tamén recoñecerá a organizacións que desarrollaron as TICS na educación naqueles sitios onde hai moitas desventaxas económicas, población desfavorecidas, os desplazados internos, mulleres e nenas en situación de vulneravilidade…
Isto será de gran axuda porque esas persoas que non teñen os mesmos recursos cá nos de aprender, terán a oportunidade de facelo. É moi importante que todo o mundoteña uns coñecementos básicos de informática.
Quen seleccionará aos gañadores e gañadoras do proxecto será a Directora  Xeral da UNESCO, chamada Irina Bokova. Cada gañador terá como premio 25000 dólares estadounidenses mais un diploma.
Estos premios serán entregados a una ceremonia na SEDE de UNESCO o día 21 de febrero deste próximo ano 2017. O lugar será Paris.



Para máis información, buscar nesta páxina:



LUCÍA ÁLVAREZ GARCÍA

Ningún comentario:

Publicar un comentario