Redes sociais
Os humanos sempre nos relacionamos por grupos: familiares, laborais, sentimentais, etc. Nunha rede social os individuos están interconectados, interactúan e poden ter máis dun tipo de relación entre eles.
Na actualidade, a análise das redes sociais converteuse nun método de estudo en ciencias como a antropoloxía ou a socioloxía. Internet e as novas tecnoloxías favorecen o desenvolvemento e ampliación das redes sociais.
Redes sociais na internet
As redes sociais na internet son aplicacións web que favorecen o contacto entre individuos. Estas persoas poden coñecerse previamente ou facelo a través da rede. Contactar a través da rede pode levar a un coñecemento directo ou, mesmo, a formación de novas parellas.
As redes sociais na internet baséanse nos vínculos que hai entre os seus usuarios. Existen varios tipos de redes sociais:
1.- Redes sociais xenéricas. Son as máis numerosas e coñecidas. As máis estendidas en España son Facebook, Instagram, Google+ e Twitter.
2.- Redes sociais profesionais. Os seus membros están relacionados laboralmente. Poden servir para conectar compañeiros ou para a procura de traballo. As máis coñecidas son LinkedIn, Xing e Viadeo.
3.- Redes sociais verticais ou temáticas. Están baseadas nun tema concreto. Poden relacionar persoas co mesmo hobbie, a mesma actividade ou o mesmo rol. As máis famosas son Flickr, Pinterest e YouTube.
IRIA GÓMEZ MARTÍN
Ningún comentario:
Publicar un comentario