luns, 13 de febreiro de 2017

Curiosidades da natureza


A natureza déixanos unha serie de datos que nos sorprenden pola súa curiosidade. A forza da gravidade ou as necesidades fisiológicas dalgúns seres vivos ofréncennos datos realmente curiosos.
Algúns deles son archiconocidos pero outros quedan ocultos e ao saír á luz non pasan desaspercibidos para ninguén.
Algunhas curiosidades: O koala dorme 22 horas ao día e isto convérteo no animal que máis horas dorme ao día de media. Isto supón dúas horas máis do que dorme o oso preguiceiro. No lado contrario, está a jirafa que é o animal que menos horas dorme ao día de media. A jirafa dorme apenas dúas horas diarias e, moitas veces, nin sequera seguidas senón a intres.
 Os camelos poden estar ata 17 días sen beber auga. A resistencia destes animais é a maior na fauna animal.
A descarga eléctrica que produce unha anguía supera os 600 voltios. As anguías eléctricas acumulan gran cantidade de electricidade e convértense en auténticas fontes de enerxía.
Os astronautas non poden eructar cando se atopan dentro dunha misión espacial. O feito de non poder eructar no Espazo responde á falta de gravidade. Os astronautas non poden eructar porque a ingravidez non permite a separación de fluídos que están no seu interior.
A forza da erupción do volcán Krakatoa, situado en Indonesia, oíuse en Australia. O impacto desta erupción, producida en 1883, foi tan colosal que se percibiu a máis de 4.800 km de distancia.
Canto tarda en afundirse un obxecto pesado no océano. Seguramente pensarás que o fai inmediatamente, verdade. Estás equivocado, un obxecto pesado tardaría case unha hora en chegar á parte máis profunda do océano. O seu peso non está relacionado coa súa capacidade para afundirse, senón que o que ten que ver son os sedimentos e as correntes que determinan os movementos mariños.
Unha persoa transmíteche máis xermes cando che dá a man que cando che bica. No xesto de dar a man transmítense máis xermes xa que as mans acumulan máis bacterias. As mans están continuamente tocando cousas e, por tanto, en contacto permanente con xermes. Pola contra, ao dar un bico o que transmitimos é saliva. A saliva é un fluído anticonceptivo e que protexe á boca de bacterias.
DE:LAURA GONZÁLEZ BELERDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario