Excel ofrece unha interface de usuario axustada ás principais características das follas de cálculo, en esencia mantendo certas premisas que poden atoparse na folla de cálculo orixinal, VisiCalc: o programa mostra as celas organizadas en filas e columnas (intersección das filas e columnas), e cada cela contén datos ou unha fórmula, con referencias relativas, absolutas ou mixtas a outras celas.
Excel foi a primeira folla de cálculo que permitiu ao usuario definir a aparencia (as fontes, atributos de carácter e celas). Tamén introduciu recomputación intelixente de celas, onde celas dependentes doutra cela que foron modificadas, actualízanse ao instante (programas de folla de cálculo anterior recalculaban a totalidade dos datos todo o tempo ou esperaban para un comando específico do usuario). Excel ten unha ampla capacidade gráfica, e permite aos usuarios realizar, entre outras moitas aplicacións, listaxes usadas en combinación de correspondencia.
Aplicacións.
Excel permite aos usuarios elaborar táboas e formatos que inclúan cálculos matemáticos mediante fórmulas; as cales poden usar ?operadores matemáticos? como son: + (suma), - (resta), * (multiplicación), / (división) e ^ (potenciación); ademais de poder utilizar elementos denominados ?funcións? (especie de fórmulas, pre-configuradas) por exemplo: Suma, Media, Buscar, etc.
Especificacións, límites e problemas.
Especificacións e límites.
As características, especificacións e límites de Excel variaron considerablemente de versión en versión, exhibindo cambios na súa interface operativa e capacidades desde o lanzamento da súa versión 12.0 mellor coñecida como Excel 2007. Isto tamén fixo que as persoas sintan unha evolución positiva dentro do programa e dado ao seu usuario unha mellor calidade e opción de folla xa que ten máis de 15 tipos destas. Pódese destacar que mellorou o seu límite de columnas ampliando a cantidade máxima de columnas por folla de cálculo de 256 a 16.384 columnas. 4 Da mesma forma foi ampliado o límite máximo de filas por folla de cálculo de 65.536 a 1.048.576 filas5 por folla, dando un total de 17,179,869,184 celas.
Rubén vaz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario