luns, 6 de febreiro de 2017

O SEAT 124


     SEAT 1430 DDAuto, o modelo máis cotizado polos                      coleccionistas de clásicos

Un ejemplar del DDAuto

  Probablemente un dos coches clásicos máis admirados e respectados do mercado español, o SEAT 124 é un icono onde os haxa. Poderíase dicir que é ata un estilo de vida. Esta berlina dos anos 70 marcou un antes e un despois no mundo do motor e a día de hoxe séguese conservado con moito apego e agarimo polos seus donos.

Alá polo ano 1972 a marca española fabricou dúas unidades, unha de cor vermella e outra de cor amarela. Ese modelo considerouse o prototipo do que sería a máquina máis deportiva de toda a gama. Colleron un SEAT 124 de primeira xeración (faro redondo) e puxéronlle un motor procedente do Sport de 1.6 litros cunha caixa de cambios de 5 velocidades, manguetas reforzadas, suspensión Bilstein, freos de dobre bombín. En resumidas contas, crearon unha máquina impresionante que non se vendería ata 3 anos despois.

SEAT xa cambiara o deseño do 124 que pasaría a denominarse 1430. Para fabricar este modelo especial tomaría como base o 1430-1800 FU 10, ao que DDAUTO practicoulle unha serie de melloras para facelo máis deportivo. Esta vez SEAT se o comercializou e só vendéronse unhas 700 unidades. As cores dispoñibles eran branco, vermello, beige, verde e as últimas 20 unidades en azul mariño. Este coche era moi común velo correndo en rally durante finais dos anos 70 e principios dos 80.
Así era como los fabricaban

As melloras eran similares ás que lle facían ao prototipo, pero con algúns retoques máis. Estas reformas eran, freos dianteiros de dobre bombín Girling , lamias Strall, trapecio superior modificado, amortiguadores Bilstein, manguetas máis resistentes, dirección de cremallera adaptadas, volante Ranz de tres paus, asentos Recaro, cambio de 5 velocidades procedente do 124 Sport, molduras negras, franxa negra especial, todos os cromados negros, non tiña insignia na calandra, faldón dianteiro, alerón traseiro,paragolpes en negro.

O motor daba 135 cv pero podíase poñerlle dous tubos de escapes independentes e subía a potencia en 5 cv. Era un coche moi potente, pero ese mesmo ano, SEAT mellorou o 1430-1800, creando o FU11 Réplica, que tiña 10 cv máis que esta versión. Poderíase dicir que este era o equivalente español ao Abarth italiano.

A día de hoxe quedan moi poucas unidades e non se sabe con certeza cantas sobreviviron, pero coméntase que non chegarán nin sequera á decena. É un modelo moi cobizado e ademais moi ben cotizado neste momento, pero o que o teña creo que non se quererá desfacer deste clásico que deica pouco cumprirá 40 anos.

DEIXO VARIOS SEAT 1430

Resultado de imaxes para seat 1430 fu 1800 ddauto



Imaxe relacionada

Resultado de imaxes para seat 1430 fu 1800 ddauto

Resultado de imaxes para seat 1430 fu 1800 ddauto
Resultado de imaxes para seat 1430 fu 1800 ddauto




ALFREDO ROMERO ROMERO AMANTE DE LOS SEAT 124

Ningún comentario:

Publicar un comentario