luns, 6 de febreiro de 2017

ENTROIDO

Xa se achega a mellor época do ano, o Entroido, é un tempo de festa e de gozar. Como case sempre coincide nos primeiros meses do ano. Esta vez en Febreiro.
En Verín como noutras zonas de Galicia celébrase moito.
Aiquí destaca como personaxe principal o Cigarrón, e todo aquel que queira vístese o traxe e sae polas rúa de Verín , é unha bonita tradición.Os demais tamén saen, uns disfrazados e outros non, con traxes orixinais e extravagantes.
 O primeiro día é Compadres o 16 de Febreiro, o día onde saen todos os homes, logo chega Corredoiro, o Domingo 19 de Febreiro onde todos pásanno xenial e salen todos os Cigarróns. Despois séguelle un xoves, o xoves  día 23 de Comadres, onde saen todas as mulleres, é un día moi recoñecido e a praza de Verín está chea.
 Logo xúntanse 5 días máis ata o martes, o 24, 25,26,27 e 28 de Febreiro. 
O venres é chamado Venres de Compadreo, o Domingo e o  Martes celébrase un desfile onde os que queren saen coa súa carroza polas rúas principais de Verín ata rematar na praza, e o final hai unha gañadora. O sábado e outro día máis de festa, aunque este non ten un nome especial. O luns é o día da fariña onde na praza de Verín todo o mundo bótase fariña entre eles,  non te libras.
E para pasalo ben o mellor  é disfrazarse, saír ca familia, cos amigos e con todo o que queira pasalo ben.
 Hai festa polo día e pola noite, non hai tempo que perder. 
E así é o Entroido de Verín, con música, baile, atraccións e moito máis.

Déixovos aiqui unha foto dos Cigarróns


Nuria Salgado Méndez 4ºB ESO

Ningún comentario:

Publicar un comentario