Habitamos un planeta repleto de feitos curiosos e extremos. Na seguinte lista exploraremos algúns dos mais asombrosos eventos que se suceden na nosa Terra.
13 curiosidades sobre a natureza:
1. A árbore mais antigo con vida é un piñeiro que se atopa en California, ten 4.789 anos e chámase «Matusalén»
2. A árbore máis grande do mundo é unha secuoya xigante que se atopa en California. Ten 84 metros de altura e 29 metros de diámetro no tronco.
3. A árbore con mais rápido crecemento é o eucalipto, que pode alcanzar 10 metros nun ano.
4. A árbore do deserto chamado Baobab pode almacenar ata 1000 litros de auga no seu tronco.
5. O Mar Branco, en Rusia, ten a temperatura máis baixa con só -2 graos centígrados. O Golfo Pérsico é o mar máis cálido, alcanzando no verán unha temperatura de 35,6 graos centígrados.
6. Entre 20 e 30 volcáns fan erupción cada ano, na súa maioría baixo o mar.
7. Un enorme río subterráneo corre debaixo do río Nilo, o seu caudal é seis veces superior ao que esta arriba.
8. O lago Bosumtwi en Ghana formouse nun oco feito por un meteorito.
9. A auga doce do río Amazonas penétrase ata 180 km no mar.
10. En 1934, un refacho de vento chegou ao 371 km / hora no monte Washington en Nova Hampshire, EE.UU.
11. Un peixe do a Antártida da especie Notothenia posúen unha proteína no seu sangue que actúa como anticongelante e detén a conxelación dos peixes no mar xeado.
12. Algunhas das montañas máis antigas do mundo atópanse nas Terras Altas de Escocia. Estímanse nuns 400 millóns de anos.
13. A placa de xeo do Antártico de 3 a 4 quilómetros de grosor, cobre 13 millóns de quilómetros cadrados e ten temperaturas de -70 graos centígrados.
Ana Sofia Lopes Ferreira
Ningún comentario:
Publicar un comentario