venres, 18 de novembro de 2016

AS TICS E “A REVOLUCIÓN SILENCIOSA” NA EDUCACIÓN


Na noticia selecionada fala de que a tecnoloxía está desencadeando "unha revolución silenciosa" no modo de ensino, pero os docentes carecen aínda de competencias dixitais suficientes para usala na aula, dixo, o xefe da División de Políticas Sectoriais, TIC e Educación de Unesco, Francesc Pedró, nunha entrevista. Este ex analista en innovación educativa na OCDE visitou Madrid para participar nunhas xornadas de 3 días organizadas pola Fundación Santillana sobre tecnoloxía e educación, co obxectivo de dinamizar a aprendizaxe. Eu considero que depende do profesor a súa formación e cualificación nas asignaturas e na forma de ensino para así poder axudar os alumnos a mellorar tecnolóxicamente falando.
A clave non está en equipar aos centros con tecnoloxías punteiras, dado que habitualmente os alumnos xa contan con elas e adóitanas levar consigo, tamén á aula, senón garantir a conexión a internet desde a escola e o acceso dos docentes "a recursos dixitais de calidade", engadiu. Na súa opinión, téñense que organizar mellor os procesos de ensino, dunha forma distinta cos recursos dos que se dispón, para "optimizar os esforzos" dos docentes de modo que os alumnos melloren a súa aprendizaxe.
"As tecnoloxías dixitais ofrécennos unha xanela de oportunidades para repensar como mellorar a calidade dos procesos no ensino e os resultados educativos".
Non serve de nada ter tecnoloxía nas escolas se os profesores carecen das capacidades profesionais adecuadas para sacarlles rendemento e facilitar así a aprendizaxe aos seus alumnos. Non consiste en ofrecer ao profesor cursos de formación xerais sobre o uso das tecnoloxías senón asesoramento específico sobre as ferramentas que poderían servirlle no seu propio marco profesional.
Un uso adecuado e eficiente da tecnoloxía permitirá ao profesor liberarse de certas tarefas para dedicarse a outras máis produtivas para o alumno, como axudarlle a resolver problemas e dúbidas específicas e exporlles novos retos de aprendizaxe. 
A falta de competencias suficientes por parte dos docentes no uso eficiente das novas tecnoloxías nas aulas é un problema que afecta á maioría de países europeos e "España non é un caso particular".

Marta Barja Barja

http://www.efefuturo.com/noticia/tic-revolucion-silenciosa-educacion/

Ningún comentario:

Publicar un comentario