luns, 14 de novembro de 2016

TICs

As tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) poden contribuír ao acceso universal á educación, a igualdade na instrución, o exercicio do ensino e a aprendizaxe de calidade e o desenvolvemento profesional dos docentes, así como á xestión, dirección e administración máis eficientes do sistema educativo.

A UNESCO aplica unha estratexia ampla e integradora no tocante á promoción das Tics na educación. O acceso, a integración e a calidade figuran entre os principais problemas que as Tics poden abordar. O dispositivo intersectorial da UNESCO para a aprendizaxe potenciada polas Tics aborda estes temas mediante o labor conxunto dos seus tres sectores: Comunicación e Información, Educación e Ciencias.

A rede mundial de oficinas, institutos e asociados da UNESCO facilita aos Estados Membros os recursos para elaborar políticas, estratexias e actividades  relativas ao uso das Tics na educación. En particular, o Instituto da UNESCO para a Utilización das Tecnoloxías da Información na Educación (ITIE), con sede en Moscova, especialízase no intercambio de información, a investigación e a capacitación con miras a integrar as Tics no ensino, mentres que a Oficina da UNESCO en Bangkok mantén unha intensa participación no tocante ao uso das Tics na educación, na rexión de Asia e o Pacífico.

Isto é o que argumenta un español sobre as TICS e a revolución silenciosa da educación:
A clave non é tanto equipar aos centros con tecnoloxías punteiras, dado que habitualmente os alumnos xa contan con elas e adóitanas levar consigo, tamén á aula, senón garantir a conexión a internet desde a escola e o acceso dos docentes "a recursos dixitais de calidade", engadiu.


ALEJANDRA LORENZO 4ºB
http://www.unesco.org/new/es/unesco/themes/icts/

Ningún comentario:

Publicar un comentario