As posibilidades educativas das TICs en dous aspectos: o seu
coñecemento e o seu uso.
O primeiro aspecto é consecuencia directa da cultura da sociedade
actual. Non se pode entender o mundo de hoxe sen un mínimo de cultura
informática.
Cóntanos que hoxe en día damoslle moita importancia as TICS tanto
na vida diaria coma na educación. Eu penso que na escola as veces axuda a
posibilidade de poder acceder a Internet ou usar un ordenador, xa que así
podemos usalas para facer exercicios, ver películas, facer audicions, ver
vídeos...
O segundo aspecto, aínda que tamén moi estreitamente relacionado
co primeiro, é máis técnico. Débense usar as TIC para aprender e para ensinar.
É dicir a aprendizaxe de calquera materia ou habilidade pódese facilitar
mediante as TICs e, en particular, mediante Internet, aplicando as técnicas
adecuadas.
Creo que ten que ser así xa que se por exemplo na clase de TICS
cada un entrara no que quixera e fixera calquera cousa, non aprenderiamos nada.
Por eso os oredenadores na escola hai que usalos para aprender con eles.
É fundamental para introducir a informática na escola, a
sensibilización e iniciación dos profesores á informática, sobre todo cando se
quere introducir por áreas (como contido curricular e como medio didáctico).
As TICs favorecen ao proceso de aprendizaxe dos estudantes,
desenvolven as suas capacidades de entendemento e da lóxica.
http://educatics.blogspot.com.es/
http://educatics.blogspot.com.es/
NURIA SALGADO MÉNDEZ 4ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario