A primeira versión de Word para Windows saíu no ano 1989, tamén permitiu que as vendas se incrementasen notablemente. Cando se lanzou ao mercado Windows 3.0, en 1990, produciuse o despegamento. A Word 1.0 sucedéronlle Word 2.0 en 1991, Word 6.0 en 1993. O posterior salto nos números de versión introduciuse a fin de que coincidise coa numeración de versión de Windows, tal como foi Word 95 e Word 97. Coa saída do Windows 2000 (1999) tamén xurdiu a versión homóloga de Word. A versión Word 2002 emerxeu na mesma época que o paquete Microsoft office XP, no ano 2001. Un ano despois seguiulle a versión Microsoft Word 2003. Posteriormente presentouse Microsoft Word 2007 xunto co resto de aplicacións do paquete Office 2007, nesta versión, Microsoft marcou un novo cambio na historia das aplicacións office presentando a nova interface Ribbons máis sinxela e intuitiva que as anteriores . A versión máis recente lanzada ao mercado é Microsoft Word 2016, no mesmo ano no que saíu o sistema Microsoft Windows 10.
Microsoft Word utiliza un formato moi utilizado, comunmente chamado DOC. Pola amplísima difusión do Microsoft Word, este formato converteuse en estándar de facto co que poden transferirse textos con formato ou sen formato, ou ata imaxes, sendo preferido por moitos usuarios antes que outras opcións como o texto plano para o texto sen formato, ou JPG para gráficos; con todo, este formato posúe a desvantaxe de ter un maior tamaño comparado con algúns outros. Doutra banda, a organización internacional para a estandarización elixiu o formato opendocument como estándar para o intercambio de texto con formato, o cal supuxo unha desvantaxe para o formato .doc. Agora, no Word 2007, manéxase un novo formato, docx. É máis avanzado e comprime aínda máis o documento. Pode instalarse un complemento para abrir documentos creados en Office 2007 desde versións de Office anteriores.
IRIA GÓMEZ MARTÍN
Ningún comentario:
Publicar un comentario