luns, 28 de novembro de 2016

Noticia das TICs


A noticia fala das posibilidades educativas das TICs en dous aspectos, que son, o seu coñecemento e o seu uso.

O primeiro aspecto é consecuencia directa da cultura da sociedade actual. Non se pode entender o mundo de hoxe sen un mínimo de cultura informática. É preciso entender como se xera, como se almacena, como se transforma, como se transmite e como se accede á información nas súas múltiples manifestacións (textos, imaxes, sons) se non se quere estar á marxe das correntes culturais. Hai varias posibilidades educativas das TICs en dous aspectos: o seu coñecemento e o seu uso.

A UNESCO aplica unha estratexia ampla e integradora mo tocante á promoción das TIC na educación. O acceso, a integración e a calidade figuran entre os primcipais problemas que as TIC poden abordar. O dispositivo intersectorial da UNESCO para a aprendizaxe potenciada polas TIC aborda estes temas mediante o labor conxunto dos seus tres sectores: Comunicación e información, Educación e Ciencias.

As TICs favorecen ao proceso de aprendizaxe dos estudantes, desenvolvendo así as suas capacidades de entendemento e lóxica, respecto a tecnoloxía.




Nadia Gago Pérez 4ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario