luns, 7 de novembro de 2016

Word

É unha aplicación informativa orientada ao procesamiento de textos. Foi creado por  Microsoft, e vén integrado no paquete ofimatico chamado Microsoft Office.
Foi desenvolvido por Richard Brodie en 1983.
A primeira versión de Word para Windows saliu no ano 1989. Cando Windows 3.0 lanzouse ao mercado en 1990, produciuse un despegue. A Word 1.0 sucedéronlle Word 2.0 en 1991, Word 6.0 en 1993.
Versións para MS-DOS:

  • 1982 Word 1
  • 1985 Word 2
  • 1986 Word 3
  • 1987 Word 4
  • 1989 Word 5
  • 1991 Word 5.1
  • 1993 Word 6.0
Formatos de arquivos:
  • Formato DOC: Microsoft Word utiliza un formato nativo pechado e moi utilizado, comunmente chamado DOC. Pola amplísima difusión do Microsoft Word, este formato converteuse en estándar de facto co que poden transferirse textos con formato ou sen formato, ou ata imaxes, sendo preferido por moitos usuarios antes que outras opcións como o texto plano para o texto sen formato, ou JPG para gráficos; con todo, este formato posúe a desvantaxe de ter un maior tamaño comparado con algúns outros.
  • Formato RTF: O formato RTF xurdiu como acordo para intercambio de datos entre Microsoft e Apple nos tempos en que Apple dominaba o mercado dos computadores persoais. As primeiras versións do formato .doc de Word derivaban do RTF. Mesmo agora hai programas de Microsoft, tal como WordPad, que usan directamente RTF como formato nativo. O documento en formato RTF ten extensión .rtf
  • Otros formatos: Word ten un mecanismo similar aos plug-ins para entender outros formatos. Foi desenvolvido nos tempos en que Word Perfect era o estándar de facto para quitarlle cota de mercado. Baséase en instalar unha librería dinámica ou DLL para implementar o formato. Microsoft mesmo publicou un Converter SDK para permitir aos usuarios de Word 6.0 que escribisen soporte para formatos non soportados. Agora que Microsoft é o estándar de facto este SDK xa non resulta interesante para Microsoft e atópase abandonado. Pode ser descargado da páxina web de Microsoft, pero só fai referencia a Word 6.0 e Word 95.

ALEJANDRA LORENZO 4ºB ESO

Ningún comentario:

Publicar un comentario