luns, 27 de marzo de 2017

A INFLUENCIA DA TECNOLOXÍA NA SOCIEDADE.

No día de hoxe as tecnoloxías actúan de maneira moi relevante na nosa sociedade, de forma tan excesiva que creamos unha gran dependencia hacia elas para desenvolver a nosa vida cotiá, convertíndoaas nun complemento esencial para o ámbito persoal e social, como acádemico e profesional.
Estamos vivindo unha especie de revolución de información sen ser conscientes. Esto orixina cambios que fan que teñamos que actualizarnos frecuentemente en coñecementos que necesitaremos para  “encaixar” e desenvolvernos no mundo de forma adecuada e correcta.
 Por unha parte dispor de estas novidades electrónicas relacionadas co entorno están facilitando e axilizando as nosas actividades do día a día, actividades que antes debíamos de facer de maneira manual. Por exemplo, na sanidade está permitindo grandes avances; a comunicación é máis rápida a través de Internet, podendo compartir imaxes, mensaxes, documentos ou vídeos de forma eficaz.
O desarrollo tecnolóxico é o  motor fundamental para o progreso, aínda que dependerá do uso correcto ou incorrecto que lle demos, xa que as novas trecnoloxías están creando unha gran  dependencia nas persoas que non será benigna. A competencia no mundo comercial é unha consecuencia moi clara, por exemplo os teléfonos móbiles, son os maiores culpables desta “guerra” entre a sociedade e a tecnoloxía, que crea a necesidade innecesaria, así como o afán de conseguir as novidades tecnolóxicas máis modernas do momento. A sociedade está antepondo, es este caso, os teléfonos móbiles ante as prioridades existentes, xa que para obter un dos máis modernos e  eficaces necesítase ter unha amplia capacidade frente aos gastos que este ocasiona. De esta forma estase creando un negocio virtual, que orixina o crecemento da economía, xa que ademáis de ter que pagar a compra do teléfono e de realizar pagos mensuais  as nosas compañías telefónicas polos sevizos de chamadas, mensaxes, conexión a internet e demáis, dispómonos a pagar polas aplicación que nos ofrece a publicidade.
En estes momentos o mundo depende desta revolución tecnolóxica que debemos de saber coidar.


Att.:Marta Canerio Losada/ nº3/ 4ºB ESO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario