martes, 21 de marzo de 2017

novas tecnoloxías RR


                                                        Tecnoloxías nois centros

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) organízase como un centro con xestión e dirección pública encadrado na estrutura orgánica da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia.
O noso obxectivo primordial é contribuír na formación, dende a propia Galicia, dun colectivo profesional dinámico e tecnicamente preparado que saiba dar resposta ás necesidades, retos e proxectos dos diversos sectores do tecido produtivo da nosa comunidade relacionados coas novas tecnoloxías e a sociedade da información.

CARACTERÍSTICAS DA SOCIEDADE ACTUAL

 O triunfo das ideas globalizadoras e neoliberais no seno dunha sociedade axeitada por un vertixinoso desenrrolo científico e tecnolóxico esta trasladándonos a “outra civilización” e o escenario no que se desenrrolan as nosas vidas vai cambiando cada vez mais de presa. Moitas foron as circunstancias que prepararon o terreo para a chegada desta “nova era”, pero o punto que sinalara un antes e un despois na nosa historia e sen dúbida a chegada de Internet na década dos noventa. Agora xa podemos afirmar que estamos sumerxidos na “sociedade da información” Esta nova “cultura”, que arrastra novos coñecementos , novas maneira de ve-lo mundo, novas técnicas e pautas de comportamento , o uso de novos instrumentos e linguaxes.... vai remodelando tódolos rincóns da nosa sociedade e incide en todolos ámbitos nos que se desenrrola a nosa vida, esixindo de todos nos grandes esforzos de adaptación.  


ALFREDO ROMERO ROMERO

Ningún comentario:

Publicar un comentario