venres, 31 de marzo de 2017

CURIOSIDADES DA NATUREZA

10 curiosidades sobre a natureza:
1. Sabes quen é o animal que máis dorme? O koala dorme 22 horas ao día e isto convérteo no animal que máis horas dorme ao día de media. Isto supón dúas horas máis do que dorme o oso preguiceiro. No lado contrario, está a jirafa que é o animal que menos horas dorme ao día de media. A jirafa dorme apenas dúas horas diarias e, moitas veces, nin sequera seguidas senón a intres.
2. Os camelos poden estar ata 17 días sen beber auga. A resistencia destes animais é a maior na fauna animal.
3. Os astronautas non poden eructar cando se atopan dentro dunha misión espacial. O feito de non poder eructar no Espazo responde á falta de gravidade. Os astronautas non poden eructar porque a ingravidez non permite a separación de fluídos que están no seu interior. 
4. A descarga eléctrica que produce unha anguía supera os 600 voltios. As anguías eléctricas acumulan gran cantidade de electricidade e convértense en auténticas fontes de enerxía.
5. Unha persoa transmíteche máis xermes cando che dá a man que cando che bica. No xesto de dar a man transmítense máis xermes xa que as mans acumulan máis bacterias. 
6. A forza da erupción do volcán Krakatoa, situado en Indonesia, oíuse en Australia.
7. Canto dirías que pesa a Estación Espacial Internacional? Pois nin máis nin menos que 500 toneladas. 
8. un obxecto pesado tardaría case unha hora en chegar á parte máis profunda do océano. 
9. rexistrouse nunha granizada que caeu en Bangladesh en 1986 e tratouse dunha pedra de saraiba de 1 quilo de peso.
10. os ollos da lura xigante son os máis grandes do planeta cos seus 38 centímetros.

Iria Gómez Martín

Ningún comentario:

Publicar un comentario