martes, 21 de marzo de 2017

O MUNDO DA NATUREZA.

A natureza é un mundo aínda por descrubir pero que aporta datos realmente curiosos, xa que habitamos en un planeta de feitos extremos. A natureza é algo enorme, que recorre o mundo de extremo a extremo gardando relación co universo e coas galaxias. Aquí mostrareivos algunhas das máis mencionadas:
1.                Un enorme río subterráneo corre por baixo do río Nilo, e o seu caudal é seis veces superior.
2.                A árbore máis grande do planeta atópase en California, é un secuoia e mide 84m de altura e ten 29 metros de diámetro no tronco.
3.                Ao ano erupcionan entre vinte e trinta volcáns, e a maioría deles atópanse baixo o mar.
4.                 O koala durme durante 22 horas ó día e esto convírteo no animal que máis horas durme, a este sígueo o oso, que durme dúas horas menos.
5.                Pola contra o animal que menos horas durme é a xirafa, con tan só dúas horas diarias de media, e a maioría das veces sen ser de forma seguida.
6.                A erupción do volcán de Krakatoa, en Indonesia, no ano 1883 foi tan forte que o seu impacto percibiuse a máis de 4800km de distancia.
7.                A pedra de granizo máis grande rexistrada caeu en Bangladesh no ano 1986 e tratouse dunha pedra de 1kg de peso.
8.                En 1934 unha ráfaga de vento alcanzou os 371 km/h nos Estados Unidos.
9.                O cactus máis alto do mundo denomínase saguaro, pode chegar os tres metros de altura e considérase o icono de Estados Unidos, ademáis pode chegar a vivir máis de 200 anos.
10.            A placa de xeo máis ancha atópase no Antártico de tres a catro km de grosor, cubre 13 millóns de km e está a 70 grados centígrados baixo cero.
11.            O mar coa temperatura máis baixa é o mar blanco, en Rusia, cunha temperatura que xira arredor dos 2 grados centígrados baixo cero.

12.            Ó contrario o punto anterior o mar máis cálido é O Golfo Pérsico, que en verán alcanza unha temperatura arredor dos 35 grados centígrados.

Att.: Marta Caneiro Losada/nº3

Ningún comentario:

Publicar un comentario