A natureza déixanos unha serie de datos que nos sorprenden pola súa curiosidade. As
necesidades fisiolóxicas dalgúns seres vivos ofrécennos datos realmente
curiosos. Algúns deles son moi pouco coñecidos pero outros quedan ocultos e ó
ser descubertos non pasan desapercibidos para ninguén. Encerra miles e miles de
curiosidades sobre as que podíamos pasar a vida sen descubrilas. Neste caso en
concreto, vou falar do mundo animal, onde existe una cantidade moi grande de singularidades
asombrosas que son moi correntes e común sobres as cales non temos coñecemento.
Estas son as seguintes:
O primeiro ser vivo é a xirafa: esta é muda
e é o único ser vivo que non ten cordas vogais pero posee una lingua moi
chamativa que é tan larga que permite
utilizala para alcanzar obxectos máis alexados, e incluso para limpar os
seus oídos. Mide uns 50 cm e é tan forte
que permite envolver ramas ata quebralas.O segundo son as semillas de mazá: conteñen cianuro. Non pasa nada por inxerir mazáns, pero ao comer demasiadas (ó redor de 50 semillas) a dosis podería ser letal.
O terceiro descubrimento é o material máis resistente creado pola naturaleza, as teas de araña, as glándulas da araña producen fibras especializadas, unha fai vibrar a rede dando aviso de que caeu una presa, outra é adhesiva que une toda a rede, outra retén auga facéndoa elástica para soster obxectos pesados, e outra pegajosa que inmoviliza aos seres vivos que caen nela. A súa vez ten fungixidas polo que é útil para utilizar nas feridas. É máis resistente ca o aceiro.
O cuarto é o corazón dun paxaro chamado colibrí, una das aves máis pequeñas do mundo, late 1000 veces por minuto. Ten una capacidade de aleteo impresionante, xa que pode chegar a 200 veces por segundo, e ao nacer poden chegar a medir sóamente de 8 a 10 milímetros.
O quinto é o único animal do planeta que non pode saltar, o elefante, ten catro xeonllos e non pode precisasr delas para esta utilidade. É un animal terrestre, o máis pesado que existe na natureza, pesa ao redor de 16 mil libras e fáiselle imposible levantar as catro patas á vez.
O sexto animal do que vou a falar é das orugas, estes pequenos seres vivos posúen 6 veces máis músculos que os seres humanos, entre 2000 e 4000 segundo a especie, mentres que o ser humano só ten uns 600. A vida da oruga ten un foco posto no seu crecemento. Dende que nace, crece rápidamente en poucas semanas aumentando a súa masa corporal en mil veces ou máis. Durante a fase larvaria debe consumir o suficiente para sosterse na adultez e poder completar a súa metamorfosis.
A sétima curiosidade é sobre os cocodrilos e sobre os caimáns, non sacan a lingua, xa que é unha especie de membrana ubicada ao fondo da garganta que axuda a empuxar os trozos de alimento no interior. Ademáis é pequena para evitar mordela ao tragar e suma sensibilidade aos estímulos externos.
Estas son unhas das características que son moi comúns pero que esconden estes seres vivos e pasan desapercibidas para a maioría das persoas.
LUCÍA ÁLVAREZ GARCÍA
Ningún comentario:
Publicar un comentario