A natureza ten millóns de curiosidades e de animales e
plantas por descubrir, hai moitas rarezas que descoñecemos e non está demáis
aprender máis delas.
A continuación exporei unha pequena explicación que
tratará das extrañezas da fauna en Australia.
- O hapalochlaena (Genus Hapalochlaena), máis coñecido como o polbo de aneis azuis, ten suficiente veleno como para matar a 26 homes adultos dun só ataque. Teñen un tamaño reducido (algo así como unha pelota de golf) e unha característica aparencia de pel amarela e aneis azuis, a cal lle da o seu nome.
- A araña de Sydney (Atrax robustus) é una das 3 arañas máis velenosas da Terra e a araña máis velenosa de Australia. Ten un par de colmillos grandes e fibrosos que inxectan altas cantidades de celeno moi tóxico que ataca o sistema nervioso e altera o funcionamento de todos os órganos do corpo.
- O Crocodylus porosus, mellor conocido simplemente como cocodrilo de auga salada, ten a mordida máis forte do mundo. Chega a medir ata 6´5 m e pesan máis de 1000 kg. Os seus ataques caracterízanse por unha violencia e salvaxismo realmente impactante.
- O Caracol cono, trátase duns dos animais máis mortíferos do planeta. Este caracol non supera os 15 cm de largo, pero ten unha toxina tan potente e mortal que comúnmente se chama “o caracol do cigarrillo”, xa que según se di, logo dunha picadura deste caracol, só queda tempo para un último cigarrillo.
- A Chironex fleckeri, mellor conocida como avispa do mar ou medusa de caixa, é o animal máis mortal de Australia. Dende o ano 1883 ata os nosos días, conócense 80 mortes a causa da picadura desta medusa prácticamente invisible, ten numerosos tentáculos, imposibles de notar na auga, con millóns de arpóns velenosos. En contacto con estos, un deixará de existir antes de poder sair da auga.
- A irukandji (Carukia barnesi), outra medusa moi similar pero con un tamaño moito menor, perfectamente podería compartir este posto ca avispa de mar.
Marta
Barja Barja
Ningún comentario:
Publicar un comentario