O truco está en comprimir os arquivos, pero non de
forma convencional, se non nun ficheiro zip.
Isto reduce o espazo que os arquivos ocupan no disco
duro, xa que os descomprime cando os necesita e comprímeos ao escribilos de
novo.
*PASOS DO PROCESO:
1.Abre o Explorador de Windows, abre o cartafol
Windows e localiza o cartafol winsxs, e co botón dereito do rato, selecciona a
opción Propiedades.
2.A continuación na xanela Propiedades de winsxs,
dálle ao botón de Opcións avanzadas.
3.No cadro de diálogo que se abre, debes activar a
casa Comprimir contido para aforrar espazo en disco, e seguidamente pulsa no
botón Aceptar.
4.Agora aparecerache outra xanela, que che preguntará
se queres tamén aplicar os cambios só a ese cartafol ou tamén a todas as
subcarpetas e arquivos, polo que debes deixar a opción que che marca e pulsar o
botón Aceptar, para empezar o proceso.
5.Tes que proporcionar algúns permisos de
administrador, só se tes activado o Control de contas de usuario.
6.É posible que algúns arquivos non se poidan
comprimir, polo que debes pulsar na opción omitir todos.
7.Tes que ter en conta que o proceso pode durar
bastante tempo, pero só o terás que realizalo unha vez.
Merece a pena facelo, porque os resultados son bos.
IRIA GÓMEZ MARTÍN
Ningún comentario:
Publicar un comentario