luns, 3 de outubro de 2016

IMPRESORAS 3D: QUEN AS CREOU? COMO SON?

Unha impresora 3D é unha máquina capaz de imprimir figuras con volume previamente deseñadas por un ordenador. Esta idea ven da necesidade de facer os debuxos de dúas dimensións, reais. Empezouse a usar para facer prototipos de pezas de sectores da arquitectura ou do deseño industrial. Actualmente tamén se usa para facer prótesis médicas xa que asi estas adaptaranse mellor aos pacientes. Podemos encontrar distintos tipos de impresoras 3D:
 1º De sintetización láser: as pezas impresas son máis resistentes pero este proceso é máis costoso e lento.
 2º De tinta: este é un proceso máis rápido pero como consecuencia as pezas son mais fráxiles.
 3º Inxectan polímeros: usan resinas en estado líquido e cúranas con luz ultravioleta.
Estas impresoras úsanse actualmente na medicina creando prótesis, para os transplantes, creando órganos con células vivas e neste campo tes moitos usos máis. Por outra parte estes aparatos tamén se usan na automoción creando pezas para os vehículos, este método úsase na automoción desde finais dos 80. Tamén a NASA usa as impresoras 3D para que,neste caso se poida aforrar espacio e impriman os obxectos e ferramentas directamente no espacio. Úsase, por outra parte,  na industria creando obxectos como por exemplo utilizase na creación de novas zapatillas. E por último na alimentación, non fai moito nun programa de televisión saliu a primeira impresora 3D de chocolate feita en España, pero tamen se usa para a creación das bases de pizza e outros alimentos. 
Charles "Chuck" Hull foi o creador deste novo avance na tecnoloxía que permite crear todo tipo de obxectos de maneira rápida aínda que os productos que se usan neste tipo de impresións poden chegar a ser tóxicos.

Ana Damota Alvar

Ningún comentario:

Publicar un comentario