luns, 3 de outubro de 2016

OS MICROPROCESADORES:

QUE É O MICROPROCESADOR?: O microprocesador, tamén chamado procesador, é o circuito integrado central máis complexo de un sistema informático; sóeselle chamar de forma coloquial como o "cerebro" do ordenador.
É o encargado de executar os programas, dende o sistema operativo ata as aplicacións do usuario; só executa mandatos con un baixo nivel, faino realizando operacións de cálculo.
Pode conter unha ou máis unidades centrais de procesamento,constituidas, esencialemente por rexistros, unha unidade de control, unha unidade aritmética lógica, e unha unidade de cálculo, o chamado procesador matemático.
O microprocesador xeralmente trae incorporado un sistema de refrixeración que consta de un disipador de calor fabricado con materiais de alta conductividad térmica, coma o cobre ou o aluminio, e contén un ou máis ventiladores que eliminan o exceso de calor absorbido polo disipador. Entre o disipador e a cápsula do microprocesador, atópase normalmente unha pasta térmica para mellor conductividade de calor.
CAL É O SEU FUNCIONAMENTO?: O microprocesador está composto  por moitos registros,dependendo do procesador, pode conter unha unidade de coma flotante (especializada no cálculo)
A execución das instruccións pódese realizar en varias fases:
·         Prelectura das instruccións dende a memoria principal.
·         Decodificación da instrucción, é decir, determina que instrucción é, e polo tanto qué se debe facer.
·         Lectura dos operandos (se os hai).
·         Execución, lanzamento das máquinas do estado que levan a cabo o procesamento.
·         Escritura dos resultados da memoria principal nos rexistros.


Att.: Marta Caneiro Losada 

Ningún comentario:

Publicar un comentario