martes, 4 de outubro de 2016

Tarxetas gráficas

Unha tarxeta gráfica é o compoñente físico do ordenador encargado de converter a información dixital que lle chega dende o microprocesador en información comprensible e representable pola pantalla do ordenador, para que poida ser vista polo usuario

Orixinalmente, os circuítos encargados de canalizar a imaxe eran moi sinxelos, e incluso en equipos baseados en tarxetas podían estar situados en calquera lugar. Nos primeiros ordenadores domésticos os chips de vídeo adoitaban ir integrados na placa base.As primeiras tarxetas que ampliaron a funcionalidade adoitaban ser tarxetas de 80 columnas, que engadían un modo de texto de 80x24 ou 80x25 caracteres. Pese a non ser aínda tarxetas gráficas propiamente ditas, estas, xunto coas tarxetas que engadían un modulador de TV foron as primeiras en recibir o término "tarxeta gráfica". A primeira tarxeta gráfica, que foi lanzada cos primeiros IBM PC, foi desenvolta por IBM en 1981. A MDA (Monochrome Graphics Adapter) traballaba no modo de texto e era capaz de representar 25 liñas de 80 caracteres na pantalla. Contaba cunha memoria de vídeo de 4KB, polo que só podía traballar con unha páxina de memoria. Usábase con monitores monocromo, de tonalidade normalmente verde.

Componse de:

  • GPU
  • A memoria GRAM gráfica
  • O xerador de caracteres alfanuméricos
  • O decodificador de atributos
  • O controlador TRC
A primeira tarxeta gráfica foi a tarxeta gráfica MDA. Cracterizábanse por ser monocramase non poden utilizarse para debuxos nin gráficos. xa que eran só textos.


ALEJANDRA LORENZO



Ningún comentario:

Publicar un comentario