luns, 24 de outubro de 2016

SAMSUNG E A SÚA ORIXE:

Samsung Electronics foi fundada en 1938 en Taegu, Corea do Sur, e inicialmente foi concibida como unha empresa de exportacións de alimentos. O seu fundador é Byung-Chull Le, e pronto comezou a adquirir maquinarias de repostería.
De alí aos 70, Samsung encargouse de adquirir diversas empresas que lle permitiron penetrarse en diversos  mercados.
O traballo de Samsung na electrónica iniciouse en 1970, comezou a produción de televisores en branco e negro, logo en 1974 empezou a producir electrodomésticos para o fogar, co cal triunfou.
Máis tarde Samsung empeza a producir computadoras persoais e videograbadoras.
Foi en novembro de 1987 cando o fillo do creador de Samsung, Kun-Hee, dedicouse a reestruturar aquela empresa para convertela nunha que dese a talla no século XXI e converteuna nunha das cinco principais compañías mundiais de tecnoloxía.
Entre 1991 e 1993 traballan o desenvolvemento do sistema de telefonía móbil, desenvolvemento dunha unidade de disco duro e o primeiro gravador de vídeo dixital do mundo. Completa o desenvolvemento da DRAM de 1GB así como o desenvolvemento da CPU máis rápida do mundo.
Desde o 2000 ata a actualidade, Samsung tivo un gran desenvolvemento en tecnoloxía de pantallas de televisión, telefonía móbil, electrodomésticos, videograbadores, cámaras dixitais, entre outros. A empresa continúa desenvolvendo novas tecnoloxías para un mercado cada vez máis competitivo.

Att.:Marta Caneiro Losada/ nº3

Resultado de imaxes para samsung

Ningún comentario:

Publicar un comentario