Se de cando en cando non realizas unhas certas tarefas de
mantemento e optimización dos teus arquivos, estes acabarán por devorar todo o
almacenamento do teu disco duro. A continuación mostrámosche como optimizar ese
espazo eliminando arquivos duplicados, temporais e actualizacións innecesarias.
Detectar que arquivo ou cartafol ocupa máis espazo no teu
disco duro non é unha tarefa sinxela co Explorador de arquivos de Windows, aínda
que este explorador móstrache o tamaño de arquivos e cartafoles, resulta
complicado crearse unha imaxe visual de que arquivos son os que ocupan máis
espazo no teu disco. Para conseguilo utiliza WinDirStat.
WinDirStat é un programa gratuíto e multiplaforma, que
analizará o teu disco duro e mostrarache de forma gráfica e proporcional o
espazo que ocupa cada un dos arquivos que contén. Dese modo poderás localizar
os máis grandes e decidir se realmente merece a pena conservalos.
Tras obter unha perspectiva máis global do que realmente
ocupan os arquivos no teu disco, procede a localizar e eliminar os arquivos
duplicados que de seguro ocupan parte do teu disco duro.
Existen numerosas razóns polos que se poden duplicar os
arquivos e, sen sabelo, manter ambas as copias (ou máis) ocupando espazo no teu
disco duro.
En ocasións xerarías ti mesmo eses arquivos de forma
involuntaria, pero noutras ocasións será os propios programas que utilices os
que crearán esas duplicidades.
Co tempo, Windows tamén ocupa máis espazo do que debese
con arquivos temporais ou con actualizacións que, tras utilizarse, non se
eliminan do sistema e ocupan unha parte importante do teu almacenamento.
Con estas técnicas podrás liberar tu disco duro y
aumentar su capacidad.
Marta Barja Barja
Ningún comentario:
Publicar un comentario