A palabra bit deriva do termo inglés Binary Digit, significa díxito binario e dá lugar ó acrónimo bit. Este concepto utilízase na informática para nomear unha unidade de medida de información, é a unidade máis pequena de información.
O bit, noutras
palabras, é un díxito que forma parte do sistema binario. A diferenza do
sistema decimal, que utiliza dez díxitos (0, 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9), o
sistema binario apela a só dous (0 e 1).
O conxunto de oito bits que forman unha
unidade de información recibe o nome de octeto. Un byte, por outra banda, é
unha seguidilla de bites continuos cuxo tamaño está vinculado ao código de
información en que estea definido. É habitual, de todos os xeitos, que un byte
estea composto por 8 bites.
A noción de bit
permite facer referencia á clasificación de cores. Unha imaxe de 1 bit, por
tanto, só ten dous valores (branco ou negro); unha imaxe de 8 bits, pode
exhibir ata 256 cores grazas ás combinacións de ceros e uns.
Att.:Marta Caneiro Losada/ nº3
Ningún comentario:
Publicar un comentario