luns, 24 de outubro de 2016

COMO AFORRAR ESPAZO NUN DISCO DURO?

Aínda que os prezos dun disco duro agora mesmo esté barato, é bo ter un control do espazo utilizado do noso ordenador e hai distintos métodos para liberar espazo.
Unha práctica moi común é separar os diferentes archivos do sistema en varios discos duros para telo organizado e así ter espazo libre no ordenado. Pero tamén hai distintos métodos máis útiles:
1- Liberador de espazo en disco:
Microsoft recomenda ter sempre un mínimo do 10% de espazo libre para así poder realizar algunhas actividades e poder escribir archivos temporales. O 10% de espazo libre garante que non hai problemas.
2-Eliminar puntos de restauración:
Windows introduxo a posibilidade de restaurar sistema a partir de Windows ME. Nas versións actuales chamase Protección de sistema. A idea é introducir uns puntos de restauración por si ocurre algún problema, revertir o sistema ao estado anterior, donde todo funcionaba correctamente.
3-Desactivar a hibernación:
A suspensión ou hibernación é un método de aforro de enerxía que nos permite apagar o equipo de forma temporal, podendo reanudalo rapidamente cando queiramos. Así reducimos o consumo de enerxía  e o tempo de encendido do equipo, algo moi útil para equipos portátiles.
4-Limitar a papelera de reciclaxe:
Outra opción donde podemos ganar algo de espazo é mediante a conocida PAPELERA DE RECICLAXE. Por defecto, Windows reserva unha certa cantidade de disco para gardar archivos na papelera. Ese tamaño pode ser personalizado, por cada disco, para reducilo ou aumentalo  a nosa elección.

Ana Damota Alvar

Ningún comentario:

Publicar un comentario