luns, 24 de outubro de 2016

¿Que é pokemon go?

¿Que é pokemon go?

pokémon GO é un videoxogo de realidade aumentada baseado na localización desenvolvido por Niantic, para dispositivos de Android. a súa descarga e goce son completamente gratuítos. O xogo consiste basicamente en buscar, capturar e loitar cos personaxes da saga Pokémon escondidos en localizacións do mundo real, o que implica desprazarse fisicamente polas rúas da cidade para progresar. A aplicación comporta un elemento de interacción social, xa que promove reunións físicas dos usuarios en distintas localizacións das súas poboacións.


¿Quen é o creador de Pokémon Go?

Chámase John Hanke, ten 49 anos e non é o único éxito que ten no seu haber.
Desenvolveu outras dúas aplicacións moi coñecidas.
Pero este non é o primeiro gran invento de Hanke. Tamén desenvolveu Google Earth en 2005. Un servizo que nin ben se habilitou provocou o colapso dos servidores da empresa.
Tal como ocorreu con Pokémon Go, un problema que aínda que se solucionou, é un dos motivos polos que se dilatou o seu lanzamento en varios países do mundo.
"Pokémon Go está no mundo real. Entón, a xente no canto de xuntarse cunha chea de avatares nun salón virtual, pódese reunir con amigos e saír xuntos. Combínase coa vida real, o cal o fai moito máis interesante que algo que só ocorre no plano virtual", destacou Hanke nunha entrevista recente que lle fixo a revista Time.

                                     Resultado de imaxes para pokemon go






Ana Sofia

Ningún comentario:

Publicar un comentario