luns, 12 de xuño de 2017

A CHEGADA DO 5G

A todo o mundo lle gusta que internet vaia moito máis rápido. Así que non é ningunha sorpresa ver ás principais compañías de telecomunicacións do mundo traballando en que así sexa. Teléfonos, reloxos, casas e incluso coches cada vez conéctanse máis a internet, requirindo unha estabilidade constante. Para que iso ocorra e o ancho de banda non colapse imos necesitar un tipo completamente novo de sinal inalámbrico. Aí é onde entra o 5G.

A compañía sueca Ericsson aínda non conseguiu alcanzar velocidades de 5 Gbps reais, con demostracións do estándar previo á tecnoloxía de rede 5G. En novembro de 2014, Huawei anuncia un acordo coa operadora Megafon para estandarizar e desenvolver redes 5G de proba, en vistas á Copa Mundial de Fútbol de 2018. Entre elas inclúense: Velocidades de descarga mínimas de 20 Gbps e 10 Gbps de subida, e unha latencia de 4ms. Preténdese optimizar os dispositivos para facelo o máis eficiente posibles para o Internet das cousas. Está previsto que todo o mundo utilice esta conectividade en 2025.

A "G" en 5G significa "Xeración". A tecnoloxía inalámbrica para teléfonos tecnicamente comezou co 1G e ao comezo dos 90, expandiuse ao 2G cando as compañías comezaron á habilitar que a xente enviase SMS entre dous dispositivos.
Máis adiante, o mundo coñecería o 3G, que deu ás persoas as capacidade de realizar chamadas, enviar mensaxes de texto e navegar por internet. 
O 4G mellorou moitas desas posibilidades que habilitou o 3G pero a máis velocidade.

O 5G vai permitir enviar textos, realizar chamadas e navegar por internet como de costume, ademais de aumentar radicalmente a velocidade de transferencia. Fará máis sinxelo que a xente descargue e suba contido en Ultra HD e vídeo en 3D. Tamén deixará espazo para os dispositivos conectados a internet que van empezar a popularizarse. A diferenza será totalmente notoria.

MARTA BARJA BARJA

Ningún comentario:

Publicar un comentario