venres, 9 de xuño de 2017

Nova Fibra Óptica

Un novo tipo de fibra óptica desenvolvido pola universidade de Eindhoven e a Central Florida ha conseguido bater records en velocidade. A nova fibra chega a alcanzar ata os 255 Terabits (Tb) de transmisión o que permite unha conexión 21 veces máis rápida do que ata agora ofrecían os anchos de banda máis potentes.
Para que nos fagamos unha idea, as fibras standard actuais alcanzan os 4 ou 8 Tb. Cunha fibra así se abre a porta para alcanzar ata Petabits de transmisión, que supón o novo límite para a investigación e cuxa data estimada é o 2020.
 Esta nova fibra consiste nunha fibra multinúcleo, é dicir, que aproveita a capacidade espacial en tres dimensións para incrementar a taxa de transmisión, altamente eficiente. Con esta nova este tipo de fibra non ocupa moito máis que os tipos actuales de fibra óptica, de deseño propio, os investigadores conseguiron demostrar a viabilidade de obter un cociente de 5.1 Tb nunha soa fonda e nunha soa fibra.
Seguindo este desenvolvemento, con 50 fibras das que consta a estrutura desta nova fibra óptica, podemos obter unha transmisión de 255 Tb, grosso modo, nunha conexión dun 1km de fibra, segundo demostrouse no laboratorio. Como diciamos antes, se as fibras standard actuais alcanzan entre 4 e 8 Tb, falamos de poder aumentar a transmisión ata 21 veces, aproximadamente, o que nos permitiría esquecernos, polo menos durante un longo período de tempo, do temido "data crunch" e nosa crecente necesidade de cocientes de transmisión monstruosos. A nova fibra óptica ocupa practicamente o mesmo espazo que os cables de fibra actuais, así que non supón unha molestia moita maior.

NURIA SALGADO MÉNDEZ 4ºB ESO

Ningún comentario:

Publicar un comentario