luns, 12 de xuño de 2017

I+D- ICA

ICA é un dos laboratorios de Samsung do que xorden máis innovacións. Hoxe coñeceremos a seis dos seus últimos proxectos, os cales poderían chegar ao mercado proximamente.
Hum On é unha aplicación dedicada ao mundo da  música. Permítenos crear nosa propia música cun simple tarareo, ou mesmo escoitando o noso canto. A aplicación transcribe o que esteamos a cantar a un formato de notas musicais, que despois serán reproducidas por instrumentos musicais.
Waffle é outra aplicación, está centrada en redes sociais. Cada persoa ten un muro, no que os nosos amigos poderán debuxar ou incluír calquera tipo de contido. Esta aplicación xa se atopa en Google Play e podémola probar.
LiCon é unha aplicación dedicada ao Internet das cousas. A través da cámara, o noso smartphone é capaz de recoñecer calquera tipo de dispositivo, e controlalo de forma remota, a través dunha interface táctil que será creada na pantalla do noso dispositivo.
ItsyWatch é un proxecto dedicado aos reloxos intelixentes. Trátase dunha especie de Tamagochi que ten como obxectivo educar aos nosos nenos. ItsyWatch propón hábitos saudables como facer exercicio ou lavarse os dentes, premiándolle con agasallos virtuais.
FITT360 é unha cámara deseñada para aqueles que queiran gravar contido en realidade virtual. É unha diadema que nos colocaremos na fronte e gravará todo o que pase ao noso ao redor en 360 graos.
Ahead doutra banda, é un dispositivo de comunicación para calquera tipo de actividade que requira un casco. Trátase dun clip con tecnoloxía Bluetooth capaz de reproducir música, recibir notificacións de voz e moito máis.


Os empregados de ICA traballaron en máis de 150 proxectos ao longo de catro anos. As súas creacións son de vital importancia para seguir innovando e manter a súa posición dominante no mercado.

IRIA DIZ BLANCO

Ningún comentario:

Publicar un comentario