A telefonía móbil ou telefonía celular é un medio de comunicación inalámbrico a través de ondas electromagnéticas. Como cliente de este tipo de redes, utilizase un dispositivo denominado teléfono móbil o teléfono celular. Na maior parte de Hispanoamérica prefirese aa denominación teléfono celular ou simplemente celular, ainda que en Cuba dicese de ambas formas, e mentras que en España é máis común o término teléfono móbil ou simplemente móbil.
O avance da tecnoloxía fixo que estes aparellos incorporen funcións que non fai moito parecían futuristas, como xogos, reprodución de música MP3 e outros formatos, correo electrónico, SMS, axenda electrónica PDA, fotografía dixital e vídeo dixital, videochamada, navegación por Internet, GPS, e ata Televisión dixital. As compañías de telefonía móbil xa están a pensar novas aplicacións para este pequeno aparello que nos acompaña a todas partes. Algunhas desas ideas son: medio de pago, localizador e identificador de persoas.
Coa aparición da telefonía móbil dixital, foi posible acceder a páxinas da internet especialmente deseñadas para móbiles, coñecido como tecnoloxía WAP. Desde ese momento ata a actualidade, creouse o protocolo para o envío de configuración automática do móbil para poder acceder a Internet.
As primeiras conexións efectuábanse mediante unha chamada telefónica a un número do operador a través da cal se transmitían os datos, de maneira similar a como o faría un módem de liña fixa para PC.
Posteriormente, naceu o GPRS (ou 2G), que permitiu acceder a Internet a través do protocolo TCP/IP. A velocidade do GPRS é de 54 kbit/s en condicións óptimas, tarificándose en función da cantidade de información transmitida e recibida.
Ana Damota Alvar
Ningún comentario:
Publicar un comentario