venres, 9 de xuño de 2017

PhoneSofi

 É unha empresa multinacional estadounidense que deseña e produce equipos electrónicos, software e servizos en liña, con sede en Cupertino (California, Estados Unidos) e a sede europea na cidade de Cork (Irlanda). 
Os seus produtos de hardware inclúen o teléfono intelixente iPhone, a tableta iPad, o computador persoal Mac, o reprodutor de medios portátil iPod. 
Entre o software  atópanse os sistemas operativos iOS, macOS, watchOS e tvOS, o explorador de contido multimedia iTunes, a suite iWork (software de produtividade), Final Cut Prol X (unha suite de edición de vídeo profesional), Logic Prol (software para edición de audio en pistas de audio), Xsan (software para o intercambio de datos entre servidores) e a navegador web Safari.

A empresa operaba, en maio de 2014, máis de 408 tendas propias en nove países, 4 miles de distribuidores (destacándose os distribuidores premium ou Premium Resellers) e unha tenda en liña (dispoñible en varios países) onde se venden os seus produtos e préstase asistencia técnica. 
De acordo coa revista Fortune, foi a empresa máis admirada no mundo entre 2008 e 2012.
En 2015, converteuse na empresa máis valiosa do mundo segundo o índice BrandZ ao alcanzar os 247.000 millóns de euros de valor.

Foi contundentemente criticada pola súa enxeñería fiscal en varios países co afán de evadir impostos. 
Tamén lla criticaron as súas prácticas contra o medio ambiente e a explotación laboral que sofren os empregados das empresas que ten subcontratadas en Asia.
En 2013, os documentos filtrados por Edward Snowden revelaron que colabora coa NSA e outras axencias de intelixencia na rede de vixilancia global desde outubro de 2012.
Ademais, está en contra de dar dereito aos seus clientes a que poidan repararse os seus propios dispositivos e fai lobbying en contra diso.

HISTORIA

As principais etapas da historia de Apple:

· 1976-1980: Fundación e incorporación.
· 1981-1989: Éxito co Macintosh.
· 1990-1999: Declive e reestruturación.
· 2000-2006: Regreso a beneficios.
· 2007-2010: Éxito con dispositivos portátiles.
· 2011-2012: Morte de Steve Jobs.

· 2013-presente: Adquisicións e expansión.

Ana Sofia

Ningún comentario:

Publicar un comentario