martes, 6 de xuño de 2017

LETRAS GALEGAS

Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua galega a través da súa literatura. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, xustamente o mesmo día que o centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
Crían que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega desa época. Descoñécese a data real de publicación do libro, pero tomouse ese día pola dedicatoria autógrafa da escritora.
Para conmemorar o primeiro Día das Letras publicouse unha edición de Cantares Gallegos que creou Fermín Bouza Brey. A festividade foi moi ben acollida por toda a sociedade galega. Dende aquela adícaselle, o día 17 de maio de cada ano, a un escritor ou escritora galegos, coa única condición de que no ano da súa conmemoración pasaran dez anos dende a súa morte.
Os primeiros en recibir este homenaxe foron:
·         Rosalía de Castro.
·         Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
·         Eduardo Pondal.
Este ano o Día das Letras Galegas rememoraba a Carlos Casares, escritor ourensán nado o 24 de agosto de 1941, que creou obras coma: Ilustrísima, O sol do verán, Xoguetes pra un tempo prohibido, Os escuros soños de Clío, Vento ferido, Cambio en tres, Os mortos daquel verán, As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas, A galiña azul, entre outros.
Este estudou Filosofía e Letras na universidade de Santiago de Compostela e estableceuse en Vigo donde realizou gran parte da súa vida como escritor.

Converteuse nunha das figuras máis representativas da cultura galega actual, pola súa dimensión pública, a súa implicación na vida social, institucional e cultural de Galicia e a súa capacidade de diálogo. Cos valores da humanidade e coa singularidade do seu propio pobo.

MARTA BARJA BARJA

Ningún comentario:

Publicar un comentario