- Agora poderás deslizar o teu dedo de abaixo cara arriba para poder ver todas as notificacións nun só lugar na pantalla de bloqueo.
- O panel de notificacións agora te mostra as notificacións de hoxe e se deslizas cara arriba móstrache unha pantalla con notificacións doutros días.
Optimizacións na cámara e fotos:
- O app da cámara agora trae novos filtros que permiten resaltar mellor o que capturaches.
- Os vídeos e fotos tomarán menos espazo, grazas ao novo formato de vídeo HEVC e HEIF que logra ocupar só a metade de espazo.
- Agora poderás ver Memories en modo vertical, e non só horizontal.
Apple Maps é máis eficiente:
- O app de Maps de Apple actualizarase con iOS 11 para ofrecer información de centros comerciais e aeroportos.
- Apple Maps incluirá os límites de velocidade e indicarache cal carril debes tomar para seguir as indicacións de navegación, similar ao que Google Maps ofreceu por algúns anos.
Novo modo para non distraerche mentres conduces:
- Cando instales iOS 11, recibirás a opción de activar o novo modo de Non molestar cando estás a conducir.
- Se o activas, este novo modo detectará que estás en movemento e apagará a pantalla e non che mostrará notificacións. Ademais, incluirá unha mensaxe de autorespuesta para indicar que estás a conducir, pero mostrarache algunhas notificacións dos teus contactos favoritos, en tal caso de que sexan comunicacións de emerxencia.
ALEJANDRA LORENZO 4ºB ESO
Ningún comentario:
Publicar un comentario