venres, 9 de xuño de 2017

AS LETRAS GALEGAS

O 17 de maio honramos a nosa lingua, principalmente a sua historia e tradición que engloba Galicia.
Ese mesmo día en 1863 na época do "Rexurdimento" da cultura galega, Rosalía de Castro publicou "Cantares Gallegos". Pola gran importancia que se lle adica a esta obra e a súa  autora, a Real Academia Galega decidiu que este día deberíase rendir culto as letras en Galicia, e ese mesmo ano a homenaxeada foi Rosalía.

A finalidade deste día e rendir culto a aquelas persoas da cultura galega que destacaron polas súas obras literarias en galego, e por manter viva unha lingua que sufriu épocas de represións políticas e sociais. 
As persoas as que se lle adica este día e elexido pola Real Academia Galega, ademais de ter que levar dez anos falecido.

Este ano, 2017, adicouselle a Carlos Casares,  estudiou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, e desenvolveu a súa actividade de escritor, editor e catedrático de instituto na residencia de Vigo.
A súa ideoloxía estivo marcada polos galeguistas da editorial Galaxia, foi membro da RAE e presidente do Consello da Cultura Gallega.
Deuse a coñecer con Vento Ferido, conxunto de  relatos breves sobre a violencia.
Destacan obras como Cambio en tres, Xoguetes pra un tempo prohibido ,Os escuros soños de Clío , Ilustrísima … na literatura infantil publicou : A galiña azul, As laranxas máis laranxas de tódas as laranxas ,Un polbo xigante
Gañou o premio da Crítica de narrativa galega pola obra Xoguetes pra un tempo prohibido.


 Resultado de imagen de letras galegas

Iria Diz Blanco

Ningún comentario:

Publicar un comentario