martes, 16 de maio de 2017

A mitoloxía romana e Neptuno

A mitoloxía romana admiraba a numerosos deuses, eran politeístas. Moitos deles eran propios pero tamén adoptaban moitos da relixión grega, a cal influíu de forma trascendental sobre a sociedade e relixión romana, esta última esixía o cumplimento dunhos ritos a cambio dos cales procuraban a acción benefactora do Deus. Así por exemplo, un rito dedicado a Ceres, a deusa do trigo, garantizaba unha boa colleita. Os ritos podían ser en forma de ofrendas ou sacrificios.
Os tipos de culto son:
  •  Culto popular : Relacionados ca agricultura e a vida no campo, destaca Ceres e    Flora.
  •  Culto doméstico: Honraban as necesidades do fogar e realizábanse na casa. Os    tipos de  deuses  que realizaban este culto chamábanse: lares, penates e manes.
  •  Culto oficial: Son de carácter oficial e público, están organizados por colexios  sacerdotales.

Un dos deuses máis destacados foi Neptuno (Neptunus), o deus do mar e do océano.
Os romanos consideraban que Neptuno tiña a responsabilidade de soster o planeta, porque como o océano rodeaba a terra, el, desde o mar, facía de contrapeso respecto da terra firme. Ademais, é o encargado das formas das costas, dos acantilados, das praias e das baías, entre outros accidentes xeográficos.
  • Neptuno poseía un tridente que usaba para axitar as augas dos mares, formando ondas.
  • Como era o deus do mar e alí vivía non vestía con moita roupa, levaba unha especia de falda.
  • Era representado nas pinturas como un home alto, forte e con barba.
  • Os romanos considerábano un deus perigoso. Creían que cando o mar estaba revolto era debido o nerviosísmo ou enfado do deus, e da mesma forma, cando estaba calmado debíase a tranquilidade de Neptuno.
  • Os seus compañeiros e amigos eran os cabalos brancos e os golfiños.



Att.:Marta Caneiro Losada/ nº3

1 comentario: