A mitoloxía romana, é dicir, as crenzas mitológicas dos habitantes da Antiga Roma, pode considerarse formada por partes: A primeira, maioritariamente antiga e ritualista, representaba os mitos e cultos autóctonos. A segunda, principalmente tardía e literaria, consiste na fusión da anterior con varios préstamos, completamente novos, procedentes da mitoloxía grega. Ao referirnos á mitoloxía romana referímonos tamén á mitoloxía grega, xa que son iguais, o que as fai cambiar é o seu nome e esta é chamada: mitoloxía grecorromana.
Os principais deuses romanos eran: Xúpiter, Venus, Xuno, Minerva, Plutón, Apolo, Neptuno, Marte, Mercurio, Diana, Bacu e Vesta.
Xúpiter: é o principal deus da mitoloxía romana, pai de deuses e de homes. O seu equivalente grego é Zeus. Os seus atributos son o aguia, o raio, e o cetro.
Fillo de Saturno e Ops, Xúpiter foi a deidade suprema da tríada capitolina, integrada ademais pola súa irmá e esposa, Xuno, e pola súa filla, Minerva.
O culto a Xúpiter, de probable orixe sabino, foi introducido en Roma por Numa Pompilio. No maior templo romano, construído na súa honra no outeiro Capitolina, foi venerado como Iuppiter Optimus Maximus protector da Cidade e do Estado romano, de quen emana a autoridade, as leis e a orde social.
O Templo de Xúpiter Óptimo Máximo, levantado sobre o outeiro Capitolina, era o maior templo romano. Alí era adorado coa forma dunha pedra sacra, coñecida como Xúpiter Lapis, sobre a que se realizaban xuramentos. Neste templo adorábaselle xunto á súa esposa e raíña Xuno e á súa filla Minerva (a deusa da sabedoría), formando a Tríada Capitolina.
Na Antiga Roma as persoas xuraban por Xúpiter nos tribunais de xustiza, o que levou á expresión común «por Xúpiter!», usada como un arcaísmo na actualidade. Ademais, «xovial» é un adxectivo relativamente común usado para describir a alguén alegre, apracible e optimista.
NURIA SALGADO MÉNDEZ 4ºB ESO
Ningún comentario:
Publicar un comentario