O día das Letra Galegas é unha celebración instituida no 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas personas que destacasen pola creación literaria en galego ou pola súa defensa da lingua. Cada ano dedícase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se esixen ao menos dez anos do seu falecemento.
A data da celebración, o 17 de maio, débese a que nese día, no 1863, publicouse en Vigo o primero ejemplar de la obra Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, que marcaría el inicio del "Rexurdimento" o renacemento cultural do galego. É festivo en Galicia.
Este ano 2017 dedícase a Carlos Casares. Casares naceu o 24 de agosto do 1941 en Ourense e faleceu o 9 de marzo de 2002 en Nigrán, el estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Despois de ser lector en varias universidades europeas establécese en Vigo onde comenzará a escribir. A súa ideoloxía estivo marcada polo maxisterio e súa amistade con Ramón Piñeiro e polo grupo de galeguistas vinculados a editorial Galaxia. foi membro da Real Academia Galega. Colaborou en distintos periódicos e revistas como Grial,da cal foi director ata o ano do seu falecemento, e A Voz de Galicia.
Dentro da súa obra destacamos Vento ferido (1967), tamén foi escritor de libros infantiles como A Galiña Azul (1968) ou As Laranxas máis laranxas de tódalas laranxas (1973).
Como biógrafo e ensaísta produciu traballos sobre a vida e obra de Vicente Risco, Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro e Curros Enríquez.
En 1976 obtivo o Premio da Crítica de narrativa galega pola súa obra Xoguetes pra un tempo prohibido, en 1996 por Deus sentado nun cadeira de brazos azul e en 2002 por O sol do verán.
Tamén traduciu varias obras ao galego como El Principito.
NURIA SALGADO MÉNDEZ 4ºB ESO
Ningún comentario:
Publicar un comentario