venres, 26 de maio de 2017

As letras galegas

É una celebración que comeza a partir do ano 1963 grazas á Real Academia Galega para facer homenzaxe a todas aquelas persoas que destaquen por una creación literaria que fagan, en galego, ou tamén pola defensa do mesmo. Cada ano adícaselle a una persoa diferente (en España) escollida pola Real Academia Galega.
Esta festividade realízase o 17 de maio de cada ano, e isto é debido a que Rosalia de Castro, no ano 1983 publicou en Vigo o seu primeiro exemplar da obra Cantares gallegos, o que marcaría o inicio do “Rexurdimento”; este día á súa vez é festivo en toda España.
A Real Academia Galega debría consagrar, con carácter de perdurabilidade o simbolismo da data nunha celebración anual, e isto lévase celebrando 40 anos despois.
Este ano o gañador das Letras Galegas é Carlos Casares (Ourense, 1941-Nigrán, 2002)  decisión tomada pola Real Academia Galega. Carlos Casares impúxose coa mayoría dos votos por diante dos candidatos Plácido Castro, Antonio Fernández Morales e Ricardo Carballo Calero.
O presidente da RAG describiu a Carlos Casares coma “un grande da literatura hispánica do século XX” e subliñou que “no caso dunha literatura e una lingua tan problemática coma a nosa, contar cun escritor, este ano, como Manuel María, e o que vén, como Casares, que son capaces de chegar mesmo a “mares nunca dantes navegados” como dicía Luis de Camoes era moi importante.
Falando da vida de Casares, el estuda no seminario de Ourense onde ve a súa faceta de escritor grazas ao seu prod¡fesor de literatura. Ao abandoar este seminario fai o bacharelato  en Xinzo de Limia. Máis adiante gaña un concurso de relatos breves, o que lle permite coñecer a grandes escritores, coma Vicenete Risco.

No ano 1961 trasládase a Santiago de Compostela para estudar a carreira de Filosofía e Letras e incorpórase ao grupo de galeguistas liderado por Ramón Piñeiro.
LUCÍA ÁLVAREZ GARCÍA 

Ningún comentario:

Publicar un comentario