O Día das Letras é unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua arredor da cal se celebran no noso país, e no estranxeiro, numerosas producións e eventos culturais de homenaxe á figura escollida. O 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, os académicos de número Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron a celebración do Día das Letras Galegas.
O 28 de abril do mesmo ano, en Xunta ordinaria, a Academia resolveu, por unanimidade, aprobar esta proposta e declarar Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano.
Este ano homenaxease a Carlos Casares:
O 24 de Agosto de 1941 nace en Ourense e tres anos máis tarde mudase a Xinzo de Limia, onde seu pai traballa como mestre. En 1952 impulsado polo catolicismo da súa nai ingresa no Seminario de Ourense. Nos anos 60 comeza a frecuentar as tertulias ourensás e en 1962, co cambio de década, instálase en Compostela para estudar Filosofía e Letras.
En 1967 publica a súa primeira obra "Vento ferido" e co paso dos anos vai publicando diversas obras como "A galiña azul", "Cambio en tres" e realiza a tradución d'O Principiño. En 1971 casa con Kristina Berg e en 1976 recibe o premio da Crítica Española por "Xoguetes para un tempo prohibido", un ano máis tarde ingresa la Real Academia Galega e en 1981 é elixido deputado no Parlamento de Galicia. Dous anos máis tarde visita a URSS e en 1985 faise cargo da Editorial Galaxia. En 1992 comeza a publicación diaria de "A Marxe" e en 1996 faise presidente da Cultura Gallega. Co paso dos anos sigue publicando unha gran variedade de obras: "Polbo xigante", "A vida do padre Sarmiento". No 2002 morre en Vigo.
Ana Damota Alvar
Ningún comentario:
Publicar un comentario