martes, 16 de maio de 2017

letras galegas



                                      HISTORIA


O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega". Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual. Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluindo que representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia". Propuñase o dia 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalia de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero.

Máis de 40 anos despois, celebrados días e dias das letras galegas, normalizada ou en camiño de normalizarse a situación cultural do noso Pais, é bo momento para facer un "suma e segue", un reconto dos persoeiros (dos "SEÑORES DA PALABRA") ós que ata agora se dedicou o Dia das Letras Galegas. Reconto breve de biografías e minimos anacos da obra, para deixar constancia da honra que merecen estes galegos sobranceiros.


O autor de «Xoguetes para un tempo prohibido», «Vento Ferido» e «Vos mortos daquel verán», Carlos Casares (Ourense, 1941-Nigrán, 2002) será o homenaxeado o próximo 17 de maio con motivo do Día dás Letras Galegas, tal e como onte acordou o plenario da Real Academia Galega (RAG). O polifacético escritor e editor, que morreu á idade de 60 anos por mor dun infarto, impúxose a Ricardo Carvalho Calero, Plácido Ramón Castro del Río e Antonio Fernández Morais sen necesidade dunha segunda volta. Narrador, ensaísta, articulista e dinamizador cultural, está considerado como unha das figuras máis singulares e renovadoras da literatura galega, sen esquecer a súa implicación na vida cultural, social e institucional, con «un compromiso inequívoco coa lingua galega», destacan desde a institución presidida por Xesús Alonso Montero.

ALFREDO ROMERO ROMERO

Ningún comentario:

Publicar un comentario