Os deuses gregos influíron de maneira especial na sociedade romana, de forma que os adoptaron tan só cambiándolle o nome.
Os romanos desenvolveron un sistema moi elaborado de templos, ritos e sacerdotes.
A relixión romana foise aplicando según conquistaban territorios.
Minerva era unha deusa romana, coñecida como Atenea en
Grecia.
Era a diosa das artes, da sabiduría, das técinas da guerra e
protectora de Roma ademáis de ser a patrona dos artesáns.
Esta era filla de Júpiter e represéntase con casco, lanza e
escudo.
Unha das características máis famosas da historia de Minerva é o seu desacordo con Neptuno para dar o seu nome a cidade de Atenas. Doce
grandes deuses, elexidos como árbitros, decidiron que quen producise a cousa máis
útil para a cidade darialle o seu nome. Neptuno dun golpe de tridente fixo que a
terra dese un cabalo e Minerva fixo crecer un olivar, o que lle levou a vitoria.
Minerva foi chamada “deusa das mil obras”, foi adorada por
toda Italia, aínda que en Roma adoptou un carácter agresivo.
Nas súas estatuas e imaxes dáselle unha beleza simple,
descuidada, modesta, de expresión grave e impresionante nobleza, forza e
maxestade. Adoita levar un casco na
cabeza, unha pica na man, un escudo na outra, e a protección sobre o peito.
Normalmente aparece sentada, pero cando está de pé mostra unha actitude de
guerreira, cunha mirada fixa.
Iria Diz Blanco
Ningún comentario:
Publicar un comentario