martes, 9 de maio de 2017

DEUSES ROMANOS

mitoloxía romana está formada polas lendas e os mitosda relixión politeista practicada na roma antiga.
 A maioría das divindades do panteón romano proveñen de grecia con deuses que suplantaron as divindades locais con algunhas raras excepcións ; por esta razón algúns artigos dedicados ós deuses romanos de orixe grega poden ser tratados coma exactos ós seus equivalentes gregos.
Tamen é o conxunto delendas e mitos que pertencen á tradición dun pobo, dunha civilización ou dunha relixión , e que explican a súa natureza, a súa historia e os seus costumes.
Como unha colección de historias, a mitoloxía é unha parte vital de calquera cultura. Existen varias orixes dos mitos, como a personificación da natureza, a personificación e explicación de fenómenos ou a esaxeración de feitos históricos. Malia que o termo é complexo polo seu significado implícito, o proceso de creación dunha mitoloxía non se adscribe só a prácticas primitivas, senón que abrangue tamén historias contemporáneas, lendas urbanas e os mitos ficticios creados por novelas e banda deseñada de fantasía.
 A mitoloxía dunha cultura colectiva axuda a xerar identidade e pertenza de grupo, compartir experiencias relixiosas, modelos de comportamento e aprender leccions e moral.
O esutodo dos mitos data da antigüidade. As clasificacións dos mitos gregos de Evémero, o Fedro de Platon, e Sallustius foron desenvolvidas polos neoplatonistas  e revividos polos mitógrafos do Renacemento.
 A mitoloxia comparada do século XIX reinterpretou o mito como unha contraparte primitiva e errada da ciencia  a "disease of language" , ou unha malinterpretación do rito máxico .
Algunhas teorías actuais rexeitaron o conflito entre o valor do mito e do pensamento racional, vendo os mitos, mais que inexactos feitos históticos, como expresións para un entendemento xeral das verdades psicolóxicas, culturais e sociais.
Venus é a deusa do panteón romano, equivalente a Afrodita do panteón grego. É a deusa do Amor e da Beleza.
No mito do seu nacemento cóntase que xurdiu do interior dunha cuncha de madreperla, sendo xerada polas escumas (afros, en grego). Noutra versión é filla de Xuipiter r e Dione.
Venus foi unhas das divindades máis veneradas entre os antigos, sobre todo na illa de Pafos, onde o seu templo era admirábel.
 Tiña un ollar vago e rendíase culto ao estrabismo dos seus ollos como ideal da beleza feminina. Posuía un carro empurrado por cisnes. 
Venus posúe moitas formas de representación artística, desde a clásica (greco-romana) ata as modernas, pasando pola renacentista.
 ESTEFANÍA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ

Ningún comentario:

Publicar un comentario