venres, 26 de maio de 2017

AS LETRAS GALEGAS CON CARLOS CASARES:

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".
Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos Cantares Gallegos de Rosalia de Castro", a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.
Propuñase o dia 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalia de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero.
O día das letra galegas conmemórase cada ano a un autor galego xa morto, fai como mínimo dez anos.
En 2015 foi adicado a Xosé Fernando Filgueira Valverde.
No 2016 a Manuel María.
E este último ano adicóuselle a Carlos Casares, falecido fai 14 anos.
Carlos Casares naceu o 24 de agosto do ano 1941, en Ourense onde estudou o Bacharelato e comezou a mostrar a súa vocación de escritor  nun xornal escolar "El Averno". Anos máis tarde gañou o seu primeiro premio literario, sendo Vicente Risco o presidente do xurado. Nos anos 60 transladouse a Santiago para estudar Filosofía e Letras, e alí coñeceu a Ramón Piñeiro, co que tivo unha gran amizadañ. Durante estes anos nos que estudaba na universidade participou activamente nas loitas estudiantías a través da "Asociación Democrática de Estudiantes"
Ademáis de esto, Casares participou na elaboración da Lei de Normalización Lingüística. Foi membro da Real Academia Galega e da Fundación Otero Pedrayo. Foi elixido no 96 como o presidente do Consello da Cultura Galega, e tamén o director da Editorial Galaxia e da revista "Grial".
No 65 comezou cos seus primeiros relatos na revista que el dirixía, e dous anos despois publicou Vento Ferido, un libro de relatos que tivo gran éxito. No 68 publicou A Galiña Azul para nenos e a súa primeira novela Cambio en tres.  Dentro da literatura infantil tamén destaca Un Polbo Xigante, a obra de teatro infantil As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas, galardoada co premio de teatro infantil "O Facho" e o conto O Can Rin e o lobo Crisón, que foi traducido ó catalán, vasco e castelán. En 1972 traduciu ó galego Le petit prince (O principiño).  En 1976 conseguiu o premio para narrativa en galego, coa obra Xoguetes para un tempo prohibido, coa que tamén gañou o primio Galaxia. En 1979, volveu ó relato curto co libro Os escuros soños de Clío. En 1980 apareceu a súa novela Ilustrísima, traducida tamén ó castelán, e en 1986 Os mortos daquel verán, traducida tamén ó castelán.
Att.: Marta Caneiro Losada/ nº3/ 4ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario