venres, 28 de abril de 2017

5 ANECDOTAS DE ESCRITORES



1. Nikolái Gógol tiña auténtico pánico á remota posibilidade de ser enterrado vivo por accidente. Tanto é así que se negaba a deitarse por se o daban por morto e rogou aos seus achegados que esperasen a que o seu corpo presentase evidentes síntomas de descomposición para cerciorarse de que non espertaría baixo terra, vontade que foi respectada.

2. Philip Roth frecuentaba unha tenda de alimentos na que traballaba Julian Tepper, que acababa de publicar a súa primeira novela, Balls. Tepper, admirador do primeiro, regaloulle o seu libro e pediulle consello. Roth foi tan sincero como contundente:

Eu deixaríao agora que podes. De verdade. É un campo horrible. Tortura. Escribes e escribes, e entón tes que tirar a maior parte porque non está á altura. Eu diríache que o deixases agora. Non queres facerche isto a ti mesmo.

3. Knut Hamsun, gañador do Nobel de Literatura en 1920, viaxou a París por primeira vez en 1894. A súa familia estaba preocupada porque o escritor noruegués non dominaba o francés, algo que rapidamente sacaron a colación á súa chegada



4. Truman Capote planificaba a súa obra literaria con incrible antelación. O tamén escritor Paul Bowles contou no seu día isto sobre el:

Un día Truman trazounos o seu programa literario para o seguintes vinte anos. Era tan detallado que por suposto o tomei como unha fantasía. Parecía imposible que alguén soubese con tanta anticipación o que ía escribir. Pois ben, todas as obras que describira en 1949 foron aparecendo, unha tras outra, nos anos posteriores. Estaban todas na súa cabeza esperando a ser incubadas.



5. Georges Simenon, creador do soado comisario Maigret, comezaba as súas novelas lendo unha guía telefónica. Pronunciaba nomes e apelidos no alto ata que atopaba os que mellor soaban á hora de dar forma aos seus personaxes.


ALFREDO ROMERO ROMERO


Ningún comentario:

Publicar un comentario