As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do (Sant Jordi), cando era costume que os homes agasallasen as mulleres cunha rosa e estas o fixesen cun libro.
En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de outubro de 1926, en conmemoración do nacemento de Miguel de Cervantes . O escritor e editor establecido en Barcelona , Vicent Clavel Andrés, propuxo este día á Cámara Oficial do Libro de Barcelona.
O 6 de febreiro de 1926, o goberno español, presidido por Primo de Rivera , aceptou a data e o rei Alfonso xiii asinou o decreto real que instituíu a festa do libro en España.
O 15 de novembro de 1995 a UNESCO decidiu proclamar este día, Día internacional do libro e dos dereitos de autor. A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura quería destacar deste xeito a importancia do libro, que foi historicamente o medio de difusión máis importante do coñecemento así como unha ferramenta esencial de enriquecemento cultural. Esta xornada ten como fin promover o libro e fornecer a través del o acceso á cultura do maior número de persoas posible. A primeira celebración do Día Mundial do Libro tivo lugar o 23 de abril de 1995.No 1930, a data conmemorativa foi trasladada para o 23 de abril , día do falecemento de Cervantes, que coincidía coa tradición festiva catalá.
A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 no calendario gregoriano) correspondíase coa data do aniversario do nacemento e morte de Shakespeare. Na Inglaterra daquel tempo aínda se utilizaba ocalendario xuliano, que tiña unha diferenza de 10 días co gregoriano que se usaba en España. Shakespeare, polo tanto, morreu 10 días despois de Cervantes. Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo,Garcilaso de la Vega , fillo do conquistador Sebastian Garcilaso de la Vega e da princesa Elisabet Chimpu Occlo, irmá do último emperador indio.
O día 23 de abril coincide así mesmo cos aniversarios do nacemento de Nabokov , Druon Manuel Mejía Vallejo e Halldór Laxness co aniversario do falecemento de Josep Pla.
En España, os premios Cervantes son concedidos cada ano polo rei en Alcalá de Henares ese día.
No Reino Unido o Día do Libro vénse celebrando desde o2002 o primeiro xoves de marzo. Ese día as escolas reparten un vale de 1 libra e 1,5 euros, respectivamente, ós nenos para que poidan mercar os libros que se publican especialmente para esa ocasión ou para mercar calquera outro libro. Ese día moitas escolas celebran maratóns de lectura, mostras e mercados de libros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario