venres, 28 de abril de 2017

DEUSES ROMANOS

A mitoloxía romana, é dicir, as crenzas mitológicas dos habitantes da Antiga Roma, pode considerarse formada por partes: A primeira, maioritariamente antiga e ritualista, representaba os mitos e cultos. A segunda, principalmente é literaria, consiste na fusión da anterior con varios préstamos, completamente novos, procedentes da mitoloxía grega. Ao referirnos á mitoloxía romana referímonos tamén á mitoloxía grega, xa que son iguais, o que as fai cambiar é o seu nome e esta é chamada: mitoloxía grecorromana.
O modelo romano incluía unha forma moi diferente á dos antigos gregos de definir e concibir aos deuses. Por exemplo, na mitoloxía grega Deméter era caracterizada por unha historia moi coñecida sobre a súa dor polo rapto da súa filla. Os antigos romanos, pola contra, concibían ao seu equivalente Ceres como unha deidade cun sacerdote oficial chamado Flamen, subalterno dos flamines de Júpiter, Marte e Quirino, pero superior aos de Flora e Pomona.
Así pois, a «mitoloxía» romana , non estaba formada por relatos senón máis ben por o entrelazamiento e as complexas interrelacións entre deuses e humanos.
*VENUS
-Deusa do amor, a beleza 
No mito do seu nacemento cóntase que xurdiu do interior dunha cuncha de madreperla, sendo xerada polas escumas. Noutra versión é filla de Xúpiter e Dione.
Venus foi unhas das divindades máis veneradas entre os antigos, sobre todo na illa de Pafos, onde o seu templo era admiráble.Tiña un ollo vago e rendíase culto ao estrabismo dos seus ollos como ideal da beleza feminina. Posuía un carro empurrado por cisnes. Venus posúe moitas formas de representación artística, desde a clásica ata as modernas.


                                              Resultado de imaxes para venus deusa


IRIA GÓMEZ MARTÍN

Ningún comentario:

Publicar un comentario