venres, 28 de abril de 2017

O DIA DO LIBRO


                           O DÍA DO LIBRO



As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi (San Xurxo), cando era costume que os homes agasallasen as mulleres cunha rosa e estas o fixesen cun libro.
En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de outubro de 1926, en conmemoración do nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra. O escritor e editor valenciano, establecido en BarcelonaVicent Clavel Andrés, propuxo este día á Cámara Oficial do Libro de Barcelona.
6 de febreiro de 1926, o goberno español, presidido por Miguel Primo de Rivera, aceptou a data e o rei Alfonso XIII asinou o decreto real que instituíu a Festa do Libro en España.

Libros na Biblioteca do Merton ollegeOxford
No 1930, a data conmemorativa foi trasladada para o 23 de abril, día do falecemento de Cervantes, que coincidía coa tradición festiva catalá.
15 de novembro de 1995, a UNESCO decidiu proclamar este día, Día internacional do libro e dos dereitos de autor. A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura quería destacar deste xeito a importancia do libro, que foi historicamente o medio de difusión máis importante do coñecemento así como unha ferramenta esencial de enriquecemento cultural. Esta xornada ten como fin promover o libro e fornecer a través del o acceso á cultura do maior número de persoas posible. A primeira celebración do Día Mundial do Libro tivo lugar o 23 de abril de 1995.C


ALFREDO ROMERO

Ningún comentario:

Publicar un comentario