martes, 4 de abril de 2017

Anécdotas curiosas de escritores.

1.Cela e o Premio Nobel. Cando se coñeceu que lle concedían o Nobel de literatura, achegóuselle un xornalista e fíxolle esta pregunta:
Sorprendeulle gañar o premio Nobel de Literatura?
Ao que Cela respondeu: ?Moitísimo, sobre todo porque me esperaba o de Física?.

2.Óscar Wilde. Estaba convencido que moitísimas veces non facemos caso cando nos falan, e para explicarllo a uns coñecidos, contoulles unha anécdota que lle ocorreu un día que chegou tarde a unha festa á que estaba convidado e da cal non podía rexeitar a invitación.
Cando chegou e, para xustificar o motivo polo que chegara tarde ante a anfitrioa, desculpouse dicíndo que:Acababa de enterrar á súa tía á que el matara.
Sen un signo de estrañeza a anfitrioa contestoulle a Wilde: Non se preocupe, o máis importante de todo é que vostede puidese vir.
3. Miguel de Unamuno: Cando lle foi concedida a Gran Cruz de Alfonso X O Sabio polo Rey D. Alfonso XIII, Unamuno fíxolle este comentario ao Rey:
Esta cruz que tanto merezo, hónrame, Maxestade, recibila.
O monarca contestoulle: Que curioso! Case todos os que recibiron este galardón, aseguran que non lle merece.
Ao que Unamuno vólvelle a replicar: Maxestade, ten vostede razón, no caso dos outros , certamente non llo merecen.

4. Ramón M. do Valle-Inclán. Todo o mundo coñece o odio que sentía cara a José de Echegaray, e do que cada vez que podía ou tiña a menor oportunidade, lanzáballe en público algún que outro insulto. Un deses días estaba nunha das tertulias ás que adoitaba ir, e perdeu a paciencia cun dos tertulianos que había alí, cando este último estaba a defender con gran insistencia a José de Echegaray e ás súas obras.
Ao que Valle-Inclán nin curto nin preguiceiro, soltoulle ao home un soado e claro: Pedazo de bruto!, ao que o outro tertuliano contestoulle ofendido: Retire vostede esas palabras!
Por un momento Valle-Inclán quedou pensando, acariñouse a súa barba e contestoulle cunha parsimonia abraiante: De acordo, pero soamente retirarei o de pedazo.


Iria Diz Blanco.


Ningún comentario:

Publicar un comentario